Novo ataque contra Leo Bassi
Leo Bassi é de novo vítima dun ataque. Desta volta, a violación da liberdade de expresión sofrida polo artista foi en Sevilla o pasado venres, 18 de abril, onde unha ameaza de bomba fixo ser desaloxado ao cómico italiano e ao público do Teatro Enrique de la Cuadra de Utrera. Unha falsa ameaza, un novo intento de boicotear de xeito covarde o dereito das persoas a expresárense libremente.
O Teatro Enrique de la Cuadra de Utrera tivo que ser desaloxado a noite do venres durante a representación da revelación, do artista cómico italiano Leo Bassi. Xa avanzada a función, unha chamada anónima anunciou a colocación dun artefacto explosivo no recinto.
Ao parecer, uhna chamada telefónica desde Sevilla, coa función xa comezada, anunciou que unha bomba estalaría. Non aconteceu tal, mais en Madrid e en Toledo anteriormente si foron colocados artefactos compostos por pólvora e gasolina. Na súa representación do 18 de abril en Utrera Sevilla, case conseguen boicotear a representación de "A Revelación". Despois de reparar nos diarios sevillanos, seica grupos integristas levan tempo mobilizándose para que 'A revelación', aprazada xa fai dez meses pola "alarma social", non poida verse.
Segundo medios locais, nesta ocasión, foi a Federación Católica de Asociacións de Pais de Alumnos de Sevilla (Fecapa) a que invitou o xoves a irmandades e veciños de Utrera a manifestaren ou seu desprezo pola actuación do cómico. Pero o máis grave é que, durante a representación de Instintos ocultos no teatro Alfil de Madrid, e no Círculo de Belas Artes de Toledo -o 7 de marzo de 2008- si foron colocados artefactos (pólvora e unha botella de gasolina).
A obra foi representada con 10 meses de atraso, porque o ano pasado a función tivo que ser suspendida. En "A Revelación" Bassi critica ás relixións monoteístas desde o racionalismo ilustrado e o ateísmo que defende o seu autor coñecido polo seu compromiso coas súas ideas. As súas obras chocaron sempre coa reacción de poderes fácticos, desde o Exército italiano ata dos católicos de extrema dereita.
Coperactiva Cultural condena expresamente calquera tipo de violación dúas dereitos humanos. As reiteradas accións e ataques realizadas contra o artista italiano Leo Bassi son ataques contra a liberdade de expresión, feito que Coperactiva Cultural denuncia coa voz ben alta. Desde este portal o noso apoio contínuo a Leo Bassi.

Comentaris